Buses Ourense

Esta PWA amosa no mapa todas as paradas de autobús urbano de Ourense e os tempos oficiais de chegada dos autobuses.

Na cidade, algunhas paradas xa contan fisicamente cun panel que amosa esta información, pero a maioría delas non.

Con esta aplicación os usuarios poderán comprobar o tempo de paso dos autobuses urbanos en todas as paradas da cidade de Ourense.

Esta aplicación está en desenvolvemento.
En breve estará dispoñible online e integrada dentro da app Calpurnia Ourense.